Nada se esquece (Spanish Edition) Buy on Amazon

https://www.ebooknetworking.net/books_detail-B00C6OHOFM.html

Nada se esquece (Spanish Edition)

PublisherRedelibros

Book Details

Author(s)Puri Ameixide
PublisherRedelibros
ISBN / ASINB00C6OHOFM
ISBN-13978B00C6OHOF4
MarketplaceIndia  🇮🇳

Description

Laura Souto, unha rapaza dunha pequena vila galega a mediados da década dos setenta, narra as vivencias coas que vai construíndo a súa identidade e a súa visión do mundo: as súas primeiras lembranzas, as grandes preguntas sobre o sentido da vida, a morte dun ser querido, a descuberta do amor e do sexo, os plans para o futuro, achados e perdas con que se tece unha vida.

Nada se esquece é unha novela de aprendizaxe, unha incursión tenra, sutil e profunda ao territorio indefinido onde se forxa a nosa personalidade. Pero é, sobre todo, unha lectura que engaiola, que enfeitiza e deixa pegada na nosa memoria.

Puri Ameixide sempre foi unha namorada da literatura, por iso estudou Filoloxía e se decantou pola docencia, profesión que lle permite compartir cos mozos e mozas o seu amor polos libros e a creación literaria. Máis de vinte anos na docencia déronlle ocasión de reflexionar sobre os procesos de maduración persoal, autocoñecemento e construción da propia identidade, temáticas que aparecen habitualmente nos seus textos.
Donate to EbookNetworking
Prev
Next